INFORMACIÓN XERAL PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR.






PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO SUPERIOR (CONVOCATORIA 2024)


Prazo de presentación: Do 29 de xaneiro ao 9 de febreiro (ambos os dous incluídos)

Exame: 18 de abril


Solicitude de inscrición telemática: Ligazón á aplicación informática


Requisitos dos participantes: 

Será condición imprescindible para concorrer á proba ter cumpridos 19 anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.
Así mesmo, tamén poderá presentarse quen teña cumpridos 18 anos no ano natural de celebración da proba e dispoña dun título de técnico relacionado coa familia profesional incluída na opción á que opta.
A proba divídese en dúas partes:
- Parte común: lingua galega, lingua castelá e matemáticas.
- Parte específica:
* Opción A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofía e cidadanía.
* Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial, e física.
* Opción C: ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía.

Consultar ANEXO da organización en opcións da parte específica, en función da familia profesional a que se desexe acceder. 

Para máis información pinchar AQUÍ

Acceso a toda a información da convocatoria. AQUÍ

Podes descargarte EXAMES de outros anos no enlace

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO (CONVOCATORIA 2024)


Prazo de presentación: Do 26 de febreiro ao 8 de marzo, ambos os dous incluídos

Exame: 23 de maio



Solicitude de inscrición telemática: Ligazón a aplicación informática

Requisitos dos participantes: 

Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos 17 anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.
A proba divídese en tres partes:
  1. Sociolingüística: Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais.
  2. Matemática: matemáticas.
  3. Científico-técnica: Ciencias da natureza, Tecnoloxía.
Para máis información pinchar AQUÍ

Acceso a toda a información da convocatoria. AQUÍ

Podes descargarte EXAMES doutros anos no enlace

DESMONTANDO TÓPICOS DE LA FP

Vídeo del Ministerio de Educación y Formación Profesional para desmontar los mitos que existen sobre la Formación Profesional.


BECAS DE CARÁCTER GENERAL DEL MINISTERIO DE EDUCACIÓN 2023/2024



También para ciclos formativos de grado básico (FP BÁSICA)

Las becas MEC se solicitan a través de la Sede Electrónica del Ministerio de Educación. Para que se conceda la solicitud, hay que cumplir unos requisitos académicos y económicos, que se resumen grosso modo a continuación.

Requisitos académicos  

En el caso de Bachillerato y Ciclos formativos (grado medio o superior), hay que tener una nota media de, al menos, 5 puntos en el curso anterior mediante el que se accede; matricularse del curso completo o, como mínimo, de la mitad de las asignaturas del curso. No se puede estar repitiendo en el curso actual. Los alumnos de segundo curso, tendrán que haber aprobado todas las asignaturas del curso anterior, salvo una si se trata de Bachillerato. Si se están cursando ciclos formativos, se tendrá que haber aprobado el 85%. 

Respecto a los niveles universitarios, hay que matricularse de 60 créditos en caso de ser universitario de primer curso. Los de segundo curso y sucesivos, tendrán que haber aprobado un porcentaje de asignaturas, que varía según la especialidad: 65% en ingenierías y arquitectura, 80% en ciencias de la salud y 90% en sociales y jurídicas, artes y humanidades. 

Requisitos económicos

No se pueden superar los umbrales de renta. Estos umbrales se dividen en distintos grupos dependiendo del nivel de ingresos, la cuantía que se recibirá de beca dependerá de a cuál de ellos se pertenezca. Estos se pueden consultar en la página web que tiene habilitada el Ministerio de Educación.

CICLOS FORMATIVOS DE GRAO BÁSICO 2023-2024

Os ciclos formativos de grao básico forma parte das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo, ao igual que os ciclos de grao medio, grao superior, así como os cursos de especialización. Todos eles terán unha organización modular, de duración variable, que integre os contidos teórico-prácticos adecuados aos diversos campos profesionais.

Que título se obtén?

Os alumnos e alumnas que superen un ciclo formativo de grao básico recibirán o título de graduado en educación secundaria obrigatoria, que permitirá o acceso a calquera ensinanza postobrigatoria. 

Para favorecer a xustificación no ámbito laboral das competencias profesionais adquiridas, o alumnado recibirá, así mesmo, o título de técnico básico na especialidade correspondente.

Quen non supere na súa totalidade as ensinanzas dos ciclos formativos de grao básico, recibirá unha certificación académica dos módulos profesionais e, se for o caso, ámbitos ou materias superados, que terá efectos académicos e de acreditación parcial acumulable das competencias profesionais adquiridas en relación co Sistema nacional de cualificacións e formación profesional.

Cal é a validez dos títulos?

O título profesional básico ten tanto valor académico como profesional.

Éste título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio. En caso de concorrencia competitiva, que existan máis solicitudes de matrícula que prazas, cada título profesional básico permite a aplicación de criterios de preferencia para a admisión a certos ciclos de grao medio.




Cales son os requisitos para acceder aos ciclos formativos de grao básico?  
O acceso requirirá o cumprimento simultáneo das condicións seguintes: 
  • Ter feitos 15 anos ou facelos durante o ano natural en curso.
  • Ter cursado 3º ESO ou, excepcional­mente, ter cursado 2º ESO.
  • Ser proposto polo equipo docente.

Fases do proceso de admisión en FP Básica:
  1. Antes do 14 de xuño establecerase unha relación inicial de alumnado proposto.
  2. A Inspección Educativa autorizará ou rexeitará individualmente o alumnado proposto (entre o 19-21 xuño) que pasará a formar parte da proposta definitiva de alumnado para incorporar á formación profesional básica. 
  3. Na sesión de avaliación final establecerase a relación final de alumnado susceptible de se incorporar ás ensinanzas de formación profesional básica. 
  4. Durante o período de inscrición (a partir do 26 de xuño), se lles comunicará á familia do alumno/a que este/a foi proposto/a para un ciclo de FP Básica, que terá que asinar un consentimento. 
O documento de consentimento deberá estar debidamente cuberto e asinado por calquera das persoas titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio, será necesaria a sinatura de ambos os proxenitores, agás nos supostos de alumnado afectado por situacións de violencia de xénero ou de que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. Nestes casos, será necesario presentar, xunto co documento, a resolución xudicial correspondente para que o centro educativo a cotexe. De non entregar este documento no prazo que se estableza, entenderase que non dan o consentimento.

O centro de orixe do alumnado cargará os datos da solicitude de admisión e matrícula nunha aplicación informática, na que farase constar dous ciclos por orde de preferencia e outros dous que serán de reserva no caso de non obter praza en ningún dos dous primeiros, e que serán empregados pola comisión de escolarización para realizar a adxudicación subsidiaria.

Unha vez cargados os datos así como a documentación necesaria na aplicación (DNI, certificado de discapacidade se é o caso, etc), obterase un resgardo da solicitude que unha vez descargado en pdf e impreso deberá ser asinado pola persoa solicitante, así como por calquera das persoas titulares da patria potestade.

En todas as listaxes que sexa necesario publicar que conteñan datos persoais, será substituido o DNI e o nome e apelidos por un código persoal de consulta (CPC), para garantizar a confidencialidade dos datos persoais. 

Pinchar no enlace para consultar como obter o CPC.


PRAZOS DO PROCESO DE ADMISIÓN


O 24 de xullo o alumnado con praza adxudicada poderá matricularse no centro onde obtivo a praza de FP Básica. 


RESUMO DA OFERTA DA FP BÁSICA 
NA PROVINCIA DA CORUÑA
2023-2024

ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL CURSO 2023-2024


       Presentación da solicitude:

Deberá cubrirse unha única solicitude para cada modalidade e grao utilizando o asistente informático que estará dispoñible neste enlace. A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentación e da necesidade de entregar o impreso obtido, xunto coa documentación, en calquera centro de Galicia con oferta de FP sostida con fondos públicos. A solicitude non terá validez se non está selada, datada e validada polo centro, agás no caso de que a aplicación indique que a solicitude está validada e que non é preciso entregala nun centro. 



 Información sobre o proceso de admisión de grao medio e grao superior  (Listaxes e adxudicaciones)