ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL CURSO 2024-2025


Presentación da solicitude:

Deberá cubrirse unha única solicitude por cada grao, medio ou superior, no que se desexe participar. En cada solicitude poderá optarse a catro opcións de centro e ciclo. 

A solicitude realizarase utilizando o asistente informático que estará dispoñible neste enlace. A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que si é necesario.

Serán excluídas dos procesos de admisión a ciclos formativos as solicitudes das persoas matriculadas en ESO, bacharelato ou FP (incluída a FCT), agás o establecido para as solicitudes de matrícula simultánea. 

Instruccións xerais para a admisión á FP no curso 2024-2025. Enlace

No hay comentarios:

Publicar un comentario