CICLOS FORMATIVOS DE GRAO BÁSICO (FP BÁSICA)

A FP de grao básico forma parte das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo. Ordénase en ciclos formativos organizados en ámbitos e módulos profesionais de duración variable. Teñen unha duración de 2000 horas ou 2 cursos académicos.

Que título se obtén?

O título de técnico básico correspondente ás ensinanzas cursadas e adicionalmente o título de graduado en educación secundaria obrigatoria (ESO).

Cal é a validez dos títulos?

O título de técnico básico ten tanto valor académico como profesional. Permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio  coa seguinte distribución de prazas: entre 75 % e 85 % nas mesmas condicións que as persoas que rematan a ESO.


Cales son os requisitos de acceso para o alumnado en idade de escolarización obrigatoria?
  • Ter feitos 15 anos ou facelos durante o ano natural en curso.
  • Alumnado procedente de 2º de ESO proposto polo centro educativo para a súa incorporación a un ciclo formativo de grao básico.
  • Alumnado procedente de 3º ou 4º de ESO que solicita por petición propia, xunto cos seus pais, nais ou persoas titoras, a incorporación a un ciclo formativo de grao básico

Procedemento de incorporación do alumnado procedente de 2º de ESO
  1. Antes do 14 de xuño establecerase unha relación inicial de alumnado susceptible de se incorporar ás ensinanzas de FP Básica.
  2. A Inspección Educativa autorizará ou rexeitará individualmente o alumnado proposto (entre o 17 e o 19 de xuño) que pasará a formar parte da proposta definitiva de alumnado para incorporar á formación profesional básica. 
  3. Na sesión de avaliación final establecerase a relación final de alumnado susceptible de se incorporar ás ensinanzas de formación profesional básica. 
Procedemento de incorporación do alumnado procedente de 3º e 4º de ESO
O alumnado, xunto cos seus pais, nai sou persoas titora, deberá facer a solicitude no centro de orixe directamente no prazo de presentación de solicitudes establecido.
Este alumnado manterá a matrícula no curso que corresponda da ESO ata que teña praza adxudicada nun ciclo de grao básico e se proceda á súa matrícula no centro que corresponda. 
Presentación de solicitudes
Desde o 24 de xuño (nos concellos que non é festivo) ata o 4 de xullo ás 13:oo h. (ver calendario) haberá que presentar a seguinte documentación na secretaría do centro de orixe: 
  • Solicitude de admisión e matrícula. Enlace 
Hai que facer constar dous ciclos por orde de preferencia e outros dous que serán de reserva. Consultar un resumo da oferta formativa cos códigos que hai que rechear la solicitude. Enlace.
  • Fotocopia DNI ou NIE
  • Certificado de discapacidade, no caso de participar no proceso de admisión pola reserva para persoas con discapacidade. 
  • Consentimento de incorporación á FP básica. Enlace (As familias do alumnado de 2º ESO teñen que facer entrega do mesmo previamente para que o centro autorice a súa admisión)
O documento de consentimento deberá estar debidamente cuberto e asinado por calquera das persoas titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio, será necesaria a sinatura de ambos os proxenitores, agás nos supostos de alumnado afectado por situacións de violencia de xénero ou de que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. Nestes casos, será necesario presentar, xunto co documento, a resolución xudicial correspondente para que o centro educativo a cotexe. De non entregar este documento no prazo que se estableza, entenderase que non dan o consentimento.

O centro educativo de orixe completará a carga das solicitudes de admisión á FP básica nunha aplicación informática e fará entrega do resgardo de solicitude (cun código de solicitante único e un código persoal de consulta) que deberá ser asinado pola persoa solicitante. Se esta é menor de idade, ademais deberá ser asinado por calquera das persoas titulares da patria potestade ou representantes legais. 

O código de solicitude deste resgardo permitirá un acceso individualizado das persoas solicitantes aos seus datos persoais no proceso de admisión. Tamén permitirán a consulta individual das resolucións provisionais e definitivas de solicitudes admitidas e excluídas, e os resultados das adxudicacións nos períodos correspondentes. 

Consulta da información do procedemento de admisión

A consulta de toda a información do proceso poderá facerse na páxina web http://www.edu.xunta.gal/fp, no centro de orixe ou naquel no que se teña adxudicada a praza. A aplicación Ciclosadmisión permitirá a consulta individualizada de información durante todo o proceso. Para a consulta da situación individual poderase usar o DOI (Documento Oficial de Identidade) e o código da solicitude.

No hay comentarios:

Publicar un comentario