PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO SUPERIOR (CONVOCATORIA 2024)


Prazo de presentación: Do 29 de xaneiro ao 9 de febreiro (ambos os dous incluídos)

Exame: 18 de abril


Solicitude de inscrición telemática: Ligazón á aplicación informática


Requisitos dos participantes: 

Será condición imprescindible para concorrer á proba ter cumpridos 19 anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.
Así mesmo, tamén poderá presentarse quen teña cumpridos 18 anos no ano natural de celebración da proba e dispoña dun título de técnico relacionado coa familia profesional incluída na opción á que opta.
A proba divídese en dúas partes:
- Parte común: lingua galega, lingua castelá e matemáticas.
- Parte específica:
* Opción A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofía e cidadanía.
* Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial, e física.
* Opción C: ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía.

Consultar ANEXO da organización en opcións da parte específica, en función da familia profesional a que se desexe acceder. 

Para máis información pinchar AQUÍ

Acceso a toda a información da convocatoria. AQUÍ

Podes descargarte EXAMES de outros anos no enlace

No hay comentarios:

Publicar un comentario