Tarefa recomendada para o alumnado de 4º de ESO.
Paréceche que levas moitos anos estudando e chega o momento en que, tes que decidir a que te vas dedicar.
Se non queres estudar bacharelato tes a opción de cursar un ciclo formativo de grao medio e prepararte profesionalmente para algo que che gusta.
Tes dúas formas incompatibles de acceder aos ciclos formativos de grao medio:
- Acceso directo, se tes o título de graduado en educación secundaria.
- Superación dunha proba de acceso. Para concorrer a esta proba debes ter 17 anos ou cumprilos no mesmo ano en que se realicen os exames.
Para axudarte a descubrir cal é a túa vocación profesional, te pedimos que reserves un momento do teu tempo para averiguar cales son os teus intereses e cal e a familia profesional que se axusta a eles.
O webquest consiste en tres pasos:
- Descubrir cal é a túa verdadeira vocación.
- Obter información sobre a familia profesional que máis se axusta ás túas características e intereses persoais.
- Elaborar un pequeno informe coas túas preferencias.
Preme co rato nas seguintes ligazóns para acceder a cada paso:
No hay comentarios:
Publicar un comentario