Xúntase a Orde do 23 de maio de 2024 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes (CREDOS) da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2024/2025.
- As persoas solicitantes deberán estar matriculadas en estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo.
- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente no CREDO e en calquera dos lugares e rexistros establecidos, según o modelo do anexo I e II da orde
- Para o alumnado matriculado en BACHARELATO, o prazo é do 21 de xuño ao 19 de xullo.
- Para os solicitantes matriculados en CICLOS FORMATIVOS, o prazo é do 21 de xuño ao 2 de agosto.
Para os centros nos que queden prazas vacantes, abrirase un prazo extraordinario de solicitudes entre o 2 e o 6 de setembro; e as listas definitivas publicaranse o 27 de setembro.
Para os centros nos que queden prazas vacantes, abrirase un prazo extraordinario de solicitudes entre o 2 e o 6 de setembro; e as listas definitivas publicaranse o 27 de setembro.
Para máis información consultar o seguinte enlace: Convocatoria 2024/2025
Dende os seguintes enlaces pódese acceder ás páxinas web do:
No hay comentarios:
Publicar un comentario