Acceso
As persoas que dispoñan do título de técnico superior de formación profesional, ou do título de técnico superior de artes plásticas e deseño, ou do título de técnico deportivo superior, ou de títulos equivalentes, poderán acceder de modo directo, sen necesidade de proba, a calquera ensinanza universitaria de grao.

Admisión Nota de admisiónNo caso de que o número de solicitudes de admisión a unha ensinanza conducente a un título universitario de grao sexa maior que o número de prazas dispoñibles, e para os efectos de ordenar as solicitudes para a súa adxudicación, utilizarase unha nota de admisión que coincidirá coa nota media do ciclo formativo.
Nota de admisión = NMC (nota media do ciclo formativo)
Procedemento para mellorar a nota de admisiónAs persoas que desexen mellorar a nota de admisión deberán realizar os exercicios da fase voluntaria da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU).
- Catálogo de validacións para técnicos superiores de Formación Profesional que accedan a estudos universitarios (Actualizado o 17/10/22)
Nota: A cualificación das materias obxecto de recoñecemento será a nota media obtida polo alumno ou alumna no ciclo formativo, agás as de libre configuración nas que a cualificación será a de apto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario